Thursday 25 de April de 2024

O goberno denuncia os actos vandálicos que se produciron na área da Brexa e que deixaron pintadas en mesas e árbores


Estes feitos repetíronse tamén na carpa do CEIP Vicente Otero Valcárcel, onde se realizaron varios graffitis.

O goberno local do Concello de Carral denuncia os actos vandálicos que se cometeron tanto na área recreativa da Brexa como na carpa do CEIP Vicente Otero Valcárcel. Trátase, tal e como sinala o equipo de goberno, dun “problema frecuente” que se produce en varios puntos do municipio.

Por un lado, na área da Brexa fixéronse varias pintadas tanto na pista de skate como nos bancos, mesas e mesmo nas árbores. A isto súmanse as roturas en boa parte do mobiliario. Pola outra banda, a carpa do colexio, onde se están a levar a cabo os campamentos de verán do Concello, conta tamén con varios graffitis.

Desde o Concello explican que estes feitos atentan contra “o patrimonio municipal, que é de todos os carraleses e carralesas”. Así mesmo, solicitan a colaboración veciñal para dar cos autores e autoras destes feitos.